InicioBARRIOSA Festa da Fresa toma o barrio de Eirís

A Festa da Fresa toma o barrio de Eirís

Publicada o

Por editor

Este martes 22 tócalle a Eirís manter o ritmo festexeiro de agosto. Faino coa tradicional Festa da Fresa, que contará cunha ampla programación desde as 11.30 horas, da man da asociación veciñal Uxío Carré e o Concello.

A xornada contará con actividades para todos os públicos, baile e música tradicional e verbena, ademais da tradicional degustación de fresas. Pola mañá, ás 11.30 horas haberá inchables para o público infantil no parque de Eirís. Ás 11.30 horas actuará o grupo de música tradicional Gaiteiriños, tamén no parque. Ás 12.30 hora será a festa da escuma e ás 13.00 horas comezará a sesión vermú, a cargo de Aixa Romay. Para pechar a programación matutina haberá un paseo guiado pola eco-horta municipal de Eirís baixo o título ‘Leira das freces’.

Pola tarde, ás 16.30 horas, volverá a haber inchables. Ás 17.00 horas actuará o grupo de baile tradicional de Donaire, na cúpula de Eirís, onde se desenvolverán a maioría de actos da tarde. Ás 18.00 horas, dentro do programa Cascarillarte, actuará Lore Lavand para o público infantil.

Ás 18.30 horas está prevista a apertura da exposición das fresas, mentres que ás 19.00 hora será a degustación de fresas. Ao mesmo tempo, no parque, haberá un concurso de toques de balón de fútbol. Ás 19.30 horas está prevista outra sesión de Cascarillarte, nesta ocasión de A Vela Circo.

A festa pecharase a partir das 20.30 horas coa actuación da Trova Coruñesa. Ás 21.30 horas será a quenda de Culimaia e haberá verbena a partir das 23.00 horas a cargo da Orquestra New York.

ÚLTIMAS

O deporte, unha fonte de LGTBIfobia

● O 66% das persoas enquisadas por ADI manifestaron sentirse discriminadas algunha vez na...

O deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

Mes para soñar na cidade herculina, cunha marea de equipos que chegaban con opcións...

O Concello de Oleiros afirma que Costas dá por finalizado o dragado do Burgo “sen facer tramos pendentes”

O Concello de Oleiros manifestou que a Demarcación de Costas deu por finalizado o...

Arenteirazo en Riazor

Xornada 34 – Deportivo 2 – 2  CD Arenteiro O Dépor perde dous...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here